Peque - andanzas

lunes, 6 de mayo de 2024

ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Seguindo a súa viaxe por Galicia, os pequen@s da aula 6, adentráronse un pouquiño máis no mundo da artesanía galega. Neste caso coñeceron de cerca o encaixe de Camariñas e a técnica dos bolillos.



viernes, 3 de mayo de 2024

DECORACIÓN ZOCOS PARA O HORTO

A profe Patri atopou uns zocos vellos pola casa, e aproveitando que estamos a decorar zapatóns para despois plantar amorodos, pensou en que os cativ@s podían deixalos ben bonitos, para logo pasar a formar parte do decorado do noso horto.

Pouco a pouco vai collendo forma!










1 DE ABRIL: Día das artes galegas.

Unha das actividades propostas para seguir desenvolvendo o Programa “Mestres gandeiros”, dende as aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que estamos inmersos en todo o relacionado co horto, e que serviu a vez, para desenvolver unha das actividades conmemorativas, sinaladas no calendario escolar “1 de abril: Día das Artes Galegas”, as cales son de obrigado cumprimento, foi a realización de cadros con legumes.

E como non podía ser menos, sairon verdadeiras obras.

Todos uns artistas!



23 de abril: DÍA DO LIBRO



 A semana pasada, conmemoramos o “Día do libro” e para elo levamos a cabo diferentes actividades, entre elas:

- Bibliopatio 







- O noso libro preferido






- Apadriñamento lector


jueves, 2 de mayo de 2024

MÁIS HORTO

 E seguindo co horto os nen@s do grupo 1, levaron a cabo o transplante dos seus cultivos: rúcula, espinacas e canónigos.

Estade atentos a súa evolución!









miércoles, 1 de mayo de 2024

PAXARIÑOS (AVES DO LITORAL GALEGO)

Os nen@s  da aula 6, en relación coa temática de Galicia, estiveron a traballar sobre as aves do litoral galego.

Unha das actividades que levaron a cabo foi a realización duns paxariños reutilizando rolos de papel hixiénico.

Comprobade que bonitos lles quedaron!



FLORA E FAUNA DO LITORAL: Mexilóns Tigre

 No grupo 6 seguen inmersos na viaxe por Galicia que iniciamos este curso, quixemos coñecer a fondo o litoral galego. Falamos da súa flora e fauna e coñecemos as bateas de mexilóns, por esta razón preparamos a nosa receita: mexilóns tigre.  Puidemos coñecer este molusco máis de cerca, manipulalo e tamén degustalo.




sábado, 20 de abril de 2024

O NOSO HORTO

 Alá polo mes de febreiro comezamos a matinar sobre como montar un horto na escola, ao abeiro do Programa Mestres Gandeiros no que estamos inmersos, e que ao mesmo tempo, gardase relación co PDI sobre Galicia.

Pois ben, pouco a pouco vai collendo forma.

Comprobade como vamos avanzando, nas tarefas de sementar, transplantar, regar, manter o composteiro…, para elo toca na regadeira que a continuación se presenta e verás un montón de imaxes.





SAÍDA A CORUÑA

Os cativ@s de Educación Infantil, aproveitando que lles tocou indagar máis sobre a provincia de A Coruña, decidiron achegarse ata esta cidade para coñecer de primeira man, algúns dos monumentos, como a Torre de Herculés e outros locais de ocio, coma o acuario.


Desfrutamos moito durante a saída!

viernes, 19 de abril de 2024

BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA

 Na última semana do segundo trimestre levamos a cabo, nas sesións de psicomotricidade,  a actividade de búsqueda de ovos de Pascua, unha proposta de traballo que lle fai moita ilusión, e que a vez, fai que emerxa a súa imaxinación, ata tal punto, que son capaces de percibir pegadas deste ser vivo, ou mesmo velo.

Así, buscamos os ovos, repartimos un para cada un/unha, e levámolo para a casa xunto coa recompensa coa que fomos agasallados, uns ricos oviños de chocolate.