Vivimos unha xornada moi especial no centro de ocio ACOUGO, onde os nenos e nenas desfrutaron dunha experiencia chea de aprendizaxes e diversión en contacto ca natureza.
Peque - andanzas
Está é a xanela do quefacer diario dos máis cativ@s do Ceip Plurilingüe de Silleda. Aquí deixaremos pegada das nosas vivenzas, experiencias, traballo... e todo aquelo que ten cabida no proceso de ensino - aprendizaxe.
Peque - andanzas
viernes, 31 de julio de 2026
EXPERIMENTAMOS CO ESPAZO
Ao longo deste curso, o espazo acompañounos en moitas das nosas aprendizaxes. A través de diferentes experimentos, os nenos e nenas observaron, descubriron, formularon hipóteses e aprenderon dunha forma manipulativa e divertida.
COLAR DOS PLANETAS
Unha mamá da clase veu compartir con nós unha actividade relacionada co proxecto do espazo. Xuntos elaboramos un fermoso colar dos planetas!
SESIÓN DE PEITEADO
A nosa aula transformouse nun auténtico salón de peiteado, grazas á visita dunha mamá que nos ensinou algunhas das ferramentas que utiliza no seu día a día como perruqueira. Grazas por achegar o teu oficio á nosa aula!
jueves, 25 de junio de 2026
VISITA Á SEMANA VERDE
Os nosos nenos e nenas puideron gozar dunha xornada moi especial na Semana Verde, onde descubriron de preto o mundo rural , os animais e a importancia do coidado do medio ambiente
miércoles, 10 de junio de 2026
FESTA DA PRIMAVERA
Ca chegada do bo tempo, o noso patio encheuse de cor para celebrar a nosa FESTA DA PRIMAVERA.
Queredes ver que ben o pasaron os nosos nenos e nenas e todo o que foron capaces de crear?
DÍA DAS FAMILIAS
O pasado 14 de maio recibimos ás persoas máis importantes para os nosos pequenos e pequenas: AS SÚAS FAMILIAS!
Foi unha xornada de música, danza e xogos compartidos.
Queremos agradecer ás familias a súa asistencia. Grazas por formar parte activa desta comunidade!
martes, 12 de mayo de 2026
BORDANDO CONSTELACIÓNS
✨ Seguimos descubrindo o espazo. Nesta actividade, os nenos e nenas bordaron debuxos de constelacións nos seus bastidores, con moita paciencia e concentración 🌟
martes, 5 de mayo de 2026
viernes, 24 de abril de 2026
O HORTO
Os nosos pequenos agricultores e agricultoras xa se puxeron mans á obra no horto, descubrindo a maxia da terra e o valor da paciencia. Pronto veremos os froitos do seu esforzo!! 🌱