Peque - andanzas

Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal. Mostrar todas las entradas

miércoles, 15 de enero de 2025

ADORNOS DE NADAL COA IMPRESORA 3D

 Para dar uso ao novo material enviado pola Consellería de Educación, dentro do programa Polos Creativos, na sesión semanal de Tecnoloxías da Información e a Comunicación, deseñamos e imprimimos en 3D, unha bola de Nadal co noso nome para decorar a nosa árbore.


Esperamos que vos gustase!

martes, 14 de enero de 2025

BADALADAS DE FIN DE ANO

Para despedir o ano no cole fixemos unha pequena festa de Fin de Ano. Comemos doce gusanitos por cada unha das badaladas para festexar a entrada do novo ano e bailamos sen parar.


FELIZ ANO NOVO!

viernes, 10 de enero de 2025

PANXOLIÑAS DE NADAL

 A continuación deixámosvos unhas panxoliñas interpretadas polo alumnado das aulas 1 e 6, non vos perdades esta divertida interpretación.




miércoles, 25 de diciembre de 2024

CANTAMOS PANXOLIÑAS

 O último día de escola deste trimestre saímos cantar panxoliñas polas rúas do pobo. Este ano acompañáronnos os nen@s de 1º e 4ºA de Educación Primaria.









SAÍDA AS ALDEAS DE NADAL

 O día 12 de decembro fomos ás Aldeas de Nadal a Lalín. Alí demos unha volta polo pobo en tren e xogamos en cada unha das aldeas. 



Pasámolo moi ben!

VISITA DE NADAL ÁS RESIDENCIAS DE MAIORES

 Como cada ano os nen@s de Educación Infantil, levaron a cabo a saída a diferentes residencias de maiores, donde realizaron diferentes actividades coas persoas que alí conviven: cantaron, bailaron, compartiron agasallos…

Unha xornada chea de ledicia para tod@s eles.

Grupo 2 e 3: DomusVi de Lalín.



Grupo 1 e 6: Fogar Vitalar.


Grupo 4 e 5: Residencia de Silleda.



martes, 10 de diciembre de 2024

ENVÍO DE POSTAIS

Con moito agarimo elaboramos as nosas postais para que as casas poidan chegar, e para elo un selo lle tivemos que pegar despois de dentro do sobre a gardar!












Esperamos que vos guste!


lunes, 25 de diciembre de 2023

POSTAIS GAÑADORAS

Este ano desenvolveuse no centro un concurso de postais de Nadal, elixindo unha gañadora para a etapa de Educación Infantil e outra para a etapa de Educación Primaria. Presentamos a continuación as vencedoras, e con elas todo o equipo docente vos desexa un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO NOVO.

Vémonos en Xaneiro!

 EDUCACIÓN INFANTIL


EDUCACIÓN PRIMARIA 



FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE

 O día 21, os grupos 1 e 6, como remate de fin de trimestre, levamos a cabo unha pequena festa, simulando o Fin de Ano. Ambientamos a aula, vimos unha película e comemos gusanitos a modo de uvas, cando chegou a hora das doce badaladas.


FELIZ ANO 2024!


FELICITACIÓN DE NADAL

O grupo 1 e 6 felicítannos o Nadal por medio dunha canción de Nadal con baile.

GRUPO 1



GRUPO 6


BO NADAL!

OBRADOIRO DE TURRÓN DE CHOCOLATE

 Nas aulas 1 e 6, aproveitando que nos atopamos no Nadal, levaron a cabo un obradoiro de elaboración de turrón de chocolate.


Grandes reposteir@s!

PANXOLIÑAS DE NADAL

 A continuación,  preséntanse as panxoliñas que cada grupo de infantil preparou para crear o código QR que locía no adorno de Nadal, que @s cativ@s levaron as súas casas.

Preme no nome de cada grupo para ver a panxoliña de cada grupo.

GRUPO 1

GRUPO 2

GRUPO 3

GRUPO 4

GRUPO 5

GRUPO 6

Están feit@s tod@s uns/ unhas artistas!

SAÍDA Á RESIDENCIA DE MAIORES DE SILLEDA

  Os nen@s dos grupos 4 e 5, visitaron a residencia de maiores de Silleda. Alí escenificaron e cantaron panxoliñas e pintaron debuxos de Nadal coas persoas que alí están. Por último, tomamos unha rica merenda preparada polo persoal que alí traballa, churros con chocolate, biscoito e zume.


Moitas grazas por todo!

martes, 19 de diciembre de 2023

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 segue a coñecer os servicios cos que conta Silleda, a súa localidade, sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”.

Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións da man de Teresa e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz.

Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.


Grazas ao persoal da biblioteca por organizarnos esta actividade!

lunes, 18 de diciembre de 2023

ENVÍO POSTAIS DE NADAL

 Os nen@s dos grupos 2 e 3, acudiron a semana pasada, a meter no buzón que está preto do concello, a

postal de Nadal 

que eles mesmos crearon, e que servirá para felicitar estas datas, a cada unha das súas familias.



domingo, 17 de diciembre de 2023

ALDEAS DE NADAL

 Metidos de cheo no Nadal, todos os nen@s de Educación Infantil, levamos a cabo unha saída ás aldeas de Nadal de Lalín. Alí disfrutamos un montón, entrando e saíndo das diferentes casiñas, de cada unha das aldeas e realizando un percorrido polas mesmas no tren turístico.



sábado, 16 de diciembre de 2023

PIZZAS DE NADAL

 Os nen@s dos grupos 4 e 5, tamén levaron a cabo traballo posterior, ao aprendido no Museo do Campo. Neste caso relacionando xa co Nadal e partindo da fariña, como elemento clave de moitas receitas, elaboraron pizzas, con formas de elementos típicos de Nadal: estrelas, bonecos de xenxibre, bolas, campás…


Que ricas estaban!

Están feitos tod@s uns/unhas cociñeiras!

miércoles, 6 de diciembre de 2023

ADORNOS DE NADAL

 Na aula 6, en colaboración coas familias, levaron a cabo un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal. Uns bonitos bonecos de neve que xa locen na árbore situada na entrada da escola.



Moitas grazas pola vosa colaboración!

martes, 27 de diciembre de 2022

CÒDIGOS QR NAVIDEÑOS

Nestas últimas sesiòns de Robòtica do trimestre, estivemos a crear

còdigos QR 

con motivos de Nadal. Cada nen@ creou o seu e para elo elixiron as cores que consideraron, as formas, a imaxe que querían introducir no mesmo así como o conto ou panxoliña típico desta época, a modo de sorpresa, como eles dicían, e os cales poden visionar empregando un lector de còdigos QR.

Estes còdigos foron pegados nun adorno decorativo elaborado con depresores, para así deste xeito poder colocalos na árbore de Nadal dos seus fogares e amosar o traballo feito as súas familias.



domingo, 25 de diciembre de 2022

SAÍDA: Cantamos os Reis

 O xoves saímos polas rúas de Silleda cantar os Reis. Ainda que o tempo non nos acompañou, non puído deter as nosas ansias e ilusións de acometer a actividade proposta.

A ledicia dos cativ@s, o mellor do percorrido!