Unha das actividades con mellor acollida cando se achega a Pascua, é a busca de ovos. Este ano a actividade consistiu en axudar ao coello de Pascua a recuperar o ovo máxico que un trasno lle agochou e que precisa para continuar coa elaboración dos ovos de chocolate. Para elo os nen@s tiveron que pasar diferentes probas: resolver acertixos, compoñer puzzles que o vento desfixo, recoller cenorias que contiñan pequenas probas a superar, trasladar ovos sen que nos partisen e como non buscar o tesouro agochado.
Está é a xanela do quefacer diario dos máis cativ@s do Ceip Plurilingüe de Silleda. Aquí deixaremos pegada das nosas vivenzas, experiencias, traballo... e todo aquelo que ten cabida no proceso de ensino - aprendizaxe.
Peque - andanzas
jueves, 8 de mayo de 2025
lunes, 3 de junio de 2024
PASCUA EN RUMANÍA
A actividade que a continuación se presenta e que nos quedou pendente de publicar, está relacionada coa Pascua en Rumanía. Así, a avoa de Mateo Nicolás, aproveitando que na aula 6 estaban a traballar esta temática, véu a contarnos como celebran esta festividade no seu país.
Trouxonos o pastel típico e uns ovos tintados.
Moitas grazas por todo!
viernes, 19 de abril de 2024
BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA
Na última semana do segundo trimestre levamos a cabo, nas sesións de psicomotricidade, a actividade de búsqueda de ovos de Pascua, unha proposta de traballo que lle fai moita ilusión, e que a vez, fai que emerxa a súa imaxinación, ata tal punto, que son capaces de percibir pegadas deste ser vivo, ou mesmo velo.
Así, buscamos os ovos, repartimos un para cada un/unha, e levámolo para a casa xunto coa recompensa coa que fomos agasallados, uns ricos oviños de chocolate.
martes, 2 de abril de 2024
XOGO: OVOS MUSICAIS
A mamá de Manuel, do grupo 6, preparounos uns xogos con ovos musicais. Unha actividade súper divertida, coa que disfrutamos un montón!
NIÑOS DE PAPEL RECICLADO
Por medio do reciclado de papel, os pequech@s do grupo 6, elaboraron uns bonitos niños, e os que posteriormente encheron de oviños de chocolate, un dos elementos típicos da Pascua.
martes, 11 de abril de 2023
BUSCA DOS OVOS DE PASCUA.
O outro día o coelliño de Pascua, decidiu vir, aproveitando as sesións de psicomotricidade, e agochar uns ovos polo patio da escola, os que tivemos que buscar e decorar.
Buscamos con ganas!
E como o fixemos tan ben, unha recompensa nos deixou!
GRAZAS COELLIÑO!
TALLER DE PASCUA.
Na aula 2, levouse a cabo, en colaboración coas famílias un taller de elaboración de coelliños de Pascua, para gardar os oviños de chocolate.
🐰🐰🐰🐰🐰🐰
Grazas familias!