Peque - andanzas

Mostrando entradas con la etiqueta Robótica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Robótica. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de noviembre de 2023

ROBOTS MONSTRUOSOS

 Aproveitando que no recuncho maker da biblioteca do centro, se levou a cabo un obradoiro de creación de robots monstruosos, na sesión semanal de informática/robótica adicámonos a construir os mesmos. Aprendemos o nome dalgunhas das pezas que nos fixeron falta para montar o circuíto, que permitiu que se movesen ou que os cables da mesma cor teñen que ir sempre xuntos, e unha vez montado todo isto, decorámolos, do xeito que nós pensamos que ían resultar máis terroríficos. 



Ao final non nos quedou tan mal o traballo!

miércoles, 18 de octubre de 2023

SCORNABOT: A vendima.

 Na sesión semanal que temos de robótica, levamos a cabo a presentación dun novo robot: O ESCORNABOT

A través do xogo, con este recurso, traballamos entre outros aspectos a direccionalidade, a orientación espacial, a lateralidade, a resolución de problemas, a lectura de códigos QR e como non, todo o referente as fases da vendima, coñecendo vocabulario propio deste centro de interese.