Peque - andanzas

Mostrando entradas con la etiqueta Psicomotr. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Psicomotr. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de noviembre de 2023

CIRCUÍTO PSICOMOTOR SAMAÍN

 Dende Psicomotricidade, levamos a cabo un circuíto psicomotor, decorado con motivos propios do Samaín. Tivemos que cruzar covas de morcegos, atravesar muros cheos de arañeiras, encestar ollos de monstro na cabaza, montar nas escobas e intentar colocar os aros nos sombreiros da bruxa. Por medio do mesmo, os nen@s traballaron contidos como o equilibrio, o salto, lanzamento e precisión, posturas corporais… aspectos que se enmarcan dentro do desenvolvemento da psicomotricidade grosa dos cativos e cativas.