Peque - andanzas

Mostrando entradas con la etiqueta PDI: Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI: Galicia. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de junio de 2024

AS LAVANDEIRAS

 Unha das últimas actividades levadas a cabo en relación co programa “Mestres Gandeiros” e co PDI deste ano, Galicia, estivemos a traballar sobre as lavandeiras, levando a cabo como actividade final sobre esta temática unha saída ao lavadoiro.



viernes, 14 de junio de 2024

DON MARÍA ALLER ULLOA

 Seguindo co Proxecto Documental Integrado, Galicia, os nen@s do grupo 1 estiveron a indagar e traballar sobre a figura de Don María Aller Ulloa, nativo do concello lindeiro de Lalín, e que realizou varios estudos e observacións astronómicas importantes.

Para saber máis sobre a temática contaron con Cecilia, que lles axudou moito a resolver as súas intrigas e cuia visita aproveitaron para inaugurar o seu particular observatorio, creado coa axuda das familias.

Moitas grazas a tod@s os que fixestes posible esta actividade!

lunes, 6 de mayo de 2024

ENCAIXE DE CAMARIÑAS

Seguindo a súa viaxe por Galicia, os pequen@s da aula 6, adentráronse un pouquiño máis no mundo da artesanía galega. Neste caso coñeceron de cerca o encaixe de Camariñas e a técnica dos bolillos.



miércoles, 1 de mayo de 2024

PAXARIÑOS (AVES DO LITORAL GALEGO)

Os nen@s  da aula 6, en relación coa temática de Galicia, estiveron a traballar sobre as aves do litoral galego.

Unha das actividades que levaron a cabo foi a realización duns paxariños reutilizando rolos de papel hixiénico.

Comprobade que bonitos lles quedaron!



FLORA E FAUNA DO LITORAL: Mexilóns Tigre

 No grupo 6 seguen inmersos na viaxe por Galicia que iniciamos este curso, quixemos coñecer a fondo o litoral galego. Falamos da súa flora e fauna e coñecemos as bateas de mexilóns, por esta razón preparamos a nosa receita: mexilóns tigre.  Puidemos coñecer este molusco máis de cerca, manipulalo e tamén degustalo.




sábado, 20 de abril de 2024

SAÍDA A CORUÑA

Os cativ@s de Educación Infantil, aproveitando que lles tocou indagar máis sobre a provincia de A Coruña, decidiron achegarse ata esta cidade para coñecer de primeira man, algúns dos monumentos, como a Torre de Herculés e outros locais de ocio, coma o acuario.


Desfrutamos moito durante a saída!

lunes, 18 de marzo de 2024

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e para conmemoralo, participamos nas sesións de informática e robótica, nun obradoiro proposto dende o espazo maker da biblioteca, creando un paper circuit é unha figura en 3D de Rosalía. Así, con luces led, cinta de cobre e pila, demos vida ao seu legado de modo innovador.


Grazas a @esenciadeaprender por inspirarnos!


FESTIVAL DE ENTROIDO

O pasado 9 de febreiro, celebramos na escola o Entroido. A temática deste ano, facía referencia ao Proxecto Documental Integrado "Galicia",  en concreto o centro de interese foi o entroido galego. Así, puidemos ver aos Xenerais do Ulla, aos Volantes de Chantada, aos Peliqueiros, ás Pantallas, ao loro Rabachol e o home dos cornos de Merza.

Para poder ver algunha das imaxes do desenvolvemento da xornada premede na seguinte imaxe.



viernes, 16 de febrero de 2024

OBRADOIRO DE COCIÑA: Filloas

 Os pequen@s dos grupos 4 e 5, coa axuda das súas profes, levaron a cabo un obradoiro de cociña, no que elaboraron filloas de entroido.

Visionase o seguinte vídeo para ver o desenvolvemento da actividade.


Que boa pinta!

OBRADOIRO DE COCIÑA: Orellas de entroido

 Os nen@s do grupo 6, coa axuda das familias, levaron a cabo un obradoiro de cociña, no que elaboraron orellas de entroido.

Preme na seguinte imaxe, para ver o desenvolvemento da actividade.

Están feitos tod@s uns/unhas reposteir@s!

VISITA DOS BALDREUS DE SILLEDA

O xoves 8, tivemos unha visita un tanto especial dos Baldreus de Silleda, durante a cal algúns dos integrantes desta formación ataviados coas roupas e complementos propios deste disfraz, fixeron unha demostración da actividade que eles mesmos levan a cabo, no entroido.

A seguinte imaxe redireccionaravos as imaxes da sesión, preme nela.



jueves, 15 de febrero de 2024

XENERAIS DO ULLA

Este ano, @s cativ@s de Educación Infantil, imos disfrazarnos de “Xenerais do Ulla”, posto que a temática elexida dende o centro é o entroido galego. Por iso, fai uns días, viñeron á escola, a mamá de Xosé e a tía de Enzo, Xenerais do Ulla en Merza, para explicarnos, a composición do disfrace, así como aspectos de interese, relacionados co mesmo.



Moitas grazas por todo!

martes, 19 de diciembre de 2023

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 segue a coñecer os servicios cos que conta Silleda, a súa localidade, sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”.

Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións da man de Teresa e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz.

Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.


Grazas ao persoal da biblioteca por organizarnos esta actividade!

lunes, 18 de diciembre de 2023

SAÍDA A CORREOS E ENVÍO DE POSTAIS DE NADAL

Os pequen@s das aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que andan a coñecer, en relación co Proxecto Documental Integrado do centro, os diferentes servizos que nos ofrece a nosa localidade, entre eles “Correos”, acudiron o venres a súa sede, e alí viron cal era o funcionamento do servizo e que precisaban para que as postais que eles mesmos elaboraron chegasen as súas casas. Remataron a actividade, botando a súa postal no buzón e recibindo un agasallo duns mini buzóns por parte das traballadoras da oficina.

Moitas Grazas por todo!






miércoles, 6 de diciembre de 2023

FLOCOS DE MILLO

Os nen@s do grupo 6, ao día seguinte de ir ao Museo do Campo, fixeron flocos de millo, a vez que repasaron os nomes dos diferentes tipos de millo existentes e máis frecuentes na nosa comunidade.


Ummmm!

OBRADOIRO DE PAN

 Outra das actividades posteriores, á visita ao Museo do Campo, foi a realización de pan, no grupo 2 e 3.

 Podedes ver como están feitos todos uns panadeiros, ainda que un pouco larpeiros, pois unha vez o pan cocido, untaron a rebanda con crema de cacao… e nin migallas quedaron, todo comido!



martes, 5 de diciembre de 2023

SAÍDA AO MUSEO DO CAMPO

 O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades   relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta.

Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma.


Moitas grazas, ao persoal do Museo do Campo por ofrecernos  a posibilidade de realizar as diferentes actividades levadas a cabo.

miércoles, 22 de noviembre de 2023

SAÍDA POR SILLEDA

 Os nen@s dos grupos 2 e 3 saíron a coñecer diferentes espazos da nosa localidade, Silleda.

Comprobade de primeira man como se desenvolveu o percorrido.



viernes, 3 de noviembre de 2023

PDI: DECORACIÓN DE PORTAS DAS AULAS



 En relación co Proxecto Documental Integrado do centro, cuio tema central é Galicia, as portas das nosas aulas foron decoradas con motivos referentes a esta temática. A continuación preséntase cada unha delas.

GRUPO 1


GRUPO 2


GRUPO 3


GRUPO 4


GRUPO 5


GRUPO 6



miércoles, 1 de noviembre de 2023

VÁKNER

 Nesta época de Samaín e relacionado co Proxecto Documental Integrado do centro: Galicia, os cativ@s e cativas, traballaron sobre o personaxe dunha lenda galega, relacionada co camiño de Santiago, chamado Vákner.

Para elo nun primeiro momento coñeceron a figura deste ser, para a posteriori, realizar un vídeo recopilatorio dos datos máis significativos para os pequen@s.



Animádevos a visitar a súa escultura!