Peque - andanzas

Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día de Rosalía de Castro. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de marzo de 2025

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 A semana pasada, dende o centro, homenaxeamos a Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega. Leváronse a cabo diferentes actividades que nos permitiron achegarnos a súa vida e obra dende diferentes perspectivas.

Entre elas, cabe destacar a reinterpretación artística da súa figura empregando diferentes estilos artísticos, un obradoiro de chapas no que os cativ@s deseñaron as súas propias insignias coa imaxe de Rosalía ou o recitado de poemas desta autora por alumnado do centro.

No vídeo que se presenta a continuación amósase o desenvolvemento das mesmas.



lunes, 18 de marzo de 2024

23 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

 O 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía, e para conmemoralo, participamos nas sesións de informática e robótica, nun obradoiro proposto dende o espazo maker da biblioteca, creando un paper circuit é unha figura en 3D de Rosalía. Así, con luces led, cinta de cobre e pila, demos vida ao seu legado de modo innovador.


Grazas a @esenciadeaprender por inspirarnos!


lunes, 17 de abril de 2023

23 de febreiro: Día de Rosalía VI

 Ainda que xa fai un tempo que celebramos o Día de Rosalía, amosamos agora o traballo realizado polos nen@s da aula 1, os cales traballaron sobre o poema “Miña Santiña”.




martes, 28 de febrero de 2023

ROBÒTICA: Ozobot e Rosalía de Castro.



Para traballar a figura de Rosalía de Castro, dende a sesiòn semanal de robòtica, e aproveitando que estamos a coñecer un novo robot, “o robot máis pequeno do mundo” como os cativos afirman, pero que en realidade recibe o nome de Ozobot, recorremos o seu nome e a silueta da cara da protagonista, tendo en conta os còdigos de configuraciòn de Ozobot. Xa sabemos que sò camiña por liñas verdes, azuis, negras e vermellas, e que o misturalas o robot realiza diferentes acciòns. A continuación preséntanse as actividades desta xornada, ainda que en vindeiras publicaciòns veremos outras posibilidades de Ozobot.













lunes, 27 de febrero de 2023

23 de febreiro: Día de Rosalía IV

 Agora tócalle o turno de recitar ao grupo 3, para elo ao igual que os grupos 2 e 4, traballaron sobre o poema de Rosalía “Parece unha Rosa”, se queredes ver o ben que o fixeron premede na seguinte imaxe.



23 de febreiro: Día de Rosalía III

 E seguimos co recitado de poemas, para conmemorar o Día de Rosalía De Castro, esta vez tocoulle aos nen@s do grupo 6. Mirade como traballaron sobre o poema “Alborada”.

Preme na imaxe.



23 de febreiro: Día de Rosalía II



 Os cativ@s do grupo 4 tampouco se esqueceron, da figura de Rosalía De Castro, e para elo, tamén quixeron recitar algunhas das estrofas do seu poema “Parece unha Rosa”.

Ollade que bos poetas e poetisas están feit@s!

Premede no nome de Rosalía para poder ver a súa posta en escea.

domingo, 26 de febrero de 2023

NA PROCURA DOS VERSOS DE ROSALÍA.

 Outra das actividades levadas a cabo polo grupo 2, con respecto a celebración do día de Rosalía, foi a búsqueda polo patio de pezas de catro das estrofas do poema “Parece unha Rosa”, para posteriormente compoñer o puzzle de dito poema. 

Un momento diferente e entretido!

Fai click na imaxe para poder ver a actividade.



23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 O 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía De Castro. Os cativos do grupo 2 traballaron sobre o poema “Parece unha Rosa”, de dita autora ao igual que outros grupos de infantil, cuio traballo poderemos ver en vindeiras entradas.

Agora comprobade que ben recitan.

Preme na imaxe.