O día 8 de novembro celebrouse na escola o Magosto. Como actividades previas o alumnado de Educación Infantil, ao igual, que os nen@s de Educación Primaria decoraron bricks con motivos referentes aos diferentes movementos artísticos para meter as castañas. O propio día realizáronse diferentes xogos nos que a castaña foi a protagonista e bailáronse danzas.
Está é a xanela do quefacer diario dos máis cativ@s do Ceip Plurilingüe de Silleda. Aquí deixaremos pegada das nosas vivenzas, experiencias, traballo... e todo aquelo que ten cabida no proceso de ensino - aprendizaxe.
Peque - andanzas
sábado, 23 de noviembre de 2024
lunes, 18 de noviembre de 2024
OS ZONCHOS
Coas castañas que apañamos na saída ao souto e outros elementos naturais coma follas de limoeiro elaboramos uns bonitos colares de zonchos, palabra galega que designa ás castañas cocidas, un alimento que forma parte do noso patrimonio gastronómico dende tempos inmemoriables.
miércoles, 15 de noviembre de 2023
MAGOSTO
O venres pasado celebramos na escola
“O magosto”.
Foron moitas as actividades levadas a cabo: decoramos briks de leite para gardar as castañas, elaboramos zonchos, desfrutamos dun obradoiro de baile galego e asamos e degustamos castañas.
Un xornada diferente ben pasada!
Photocall do Magosto
Os nen@s dos grupos 4, 5 e 6, aproveitando que o venres pasado celebramos o Magosto levaron a cabo un gracioso photocall.
Mirade que chusquiñ@s están estas castañiñas!
viernes, 18 de noviembre de 2022
O MAGOSTO
O venres pasado celebramos na escola o Magosto, festa popular e tradicional galega. Foi un día de celebración e moita diversiòn.