Peque - andanzas

Mostrando entradas con la etiqueta Mestres Gandeiros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mestres Gandeiros. Mostrar todas las entradas

sábado, 13 de julio de 2024

PARAUGAS LITERARIO

Ao longo do mes de xullo estaba previsto levar a cabo a actividade do Paraugas literario, que debido as inclemencias temporais non se puido realizar. @s nen@s de Educación Infantil de xeito conxunto ían desenvolver unha coreografía da canción “A horta de Balbina”,  aproveitando a mesma como proposta final do Programa Mestres Gandeiros, no que estivemos embarcados este curso escolar.

A continuación preséntase a actuación.




martes, 18 de junio de 2024

AS LAVANDEIRAS

 Unha das últimas actividades levadas a cabo en relación co programa “Mestres Gandeiros” e co PDI deste ano, Galicia, estivemos a traballar sobre as lavandeiras, levando a cabo como actividade final sobre esta temática unha saída ao lavadoiro.



OBRADOIRO DE QUEIXO

 O alumnado de 6º de Educación Infantil, levou a cabo un obradoiro para elaborar queixo fresco, neste caso con leite de ovella, que se desenvolveu no recinto da Semana Verde.



lunes, 3 de junio de 2024

ENSALADA PRIMAVERA

 O noso horto xa comezou a dar os seus primeiros froitos, por iso, nas aulas 1, 4, 5 e 6, comezamos a degustar algúns dos productos que dela saen, como a leituga.

Con ela fixemos unha boa ensalada, que comemos na hora da merenda, e para facela máis atractiva engadímoslle ingredientes coma olivas, millo…


Ummm, que rica!

martes, 14 de mayo de 2024

ANIMAIS DOMÉSTICOS

As familias dos nos@s cativ@s sempre están dispostas a formar parte do proceso de ensino-aprendizaxe. Por iso, ao abeiro do programa “Mestres Gandeiros”, acudiron ao centro, con diferentes animais domésticos, que fixeron as delicias dos máis pequenos, e cos que poidemos convivir durante dous días.


Grazas pola vosa colaboración!

viernes, 3 de mayo de 2024

DECORACIÓN ZOCOS PARA O HORTO

A profe Patri atopou uns zocos vellos pola casa, e aproveitando que estamos a decorar zapatóns para despois plantar amorodos, pensou en que os cativ@s podían deixalos ben bonitos, para logo pasar a formar parte do decorado do noso horto.

Pouco a pouco vai collendo forma!










1 DE ABRIL: Día das artes galegas.

Unha das actividades propostas para seguir desenvolvendo o Programa “Mestres gandeiros”, dende as aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que estamos inmersos en todo o relacionado co horto, e que serviu a vez, para desenvolver unha das actividades conmemorativas, sinaladas no calendario escolar “1 de abril: Día das Artes Galegas”, as cales son de obrigado cumprimento, foi a realización de cadros con legumes.

E como non podía ser menos, sairon verdadeiras obras.

Todos uns artistas!



jueves, 2 de mayo de 2024

MÁIS HORTO

 E seguindo co horto os nen@s do grupo 1, levaron a cabo o transplante dos seus cultivos: rúcula, espinacas e canónigos.

Estade atentos a súa evolución!









sábado, 20 de abril de 2024

O NOSO HORTO

 Alá polo mes de febreiro comezamos a matinar sobre como montar un horto na escola, ao abeiro do Programa Mestres Gandeiros no que estamos inmersos, e que ao mesmo tempo, gardase relación co PDI sobre Galicia.

Pois ben, pouco a pouco vai collendo forma.

Comprobade como vamos avanzando, nas tarefas de sementar, transplantar, regar, manter o composteiro…, para elo toca na regadeira que a continuación se presenta e verás un montón de imaxes.





martes, 2 de abril de 2024

NIÑOS DE PAPEL RECICLADO

Por medio do reciclado de papel, os pequech@s  do grupo 6, elaboraron uns bonitos niños, e os que posteriormente encheron de oviños de chocolate, un dos elementos típicos da Pascua.

 


OBRADOIRO DE COCIÑA CON OVOS DE PASPALLÁS

Os nen@s da aula 6 estiveron a cociñar con ovos de Paspallás. Están feitos tod@s uns chefs!



EXPERIMENTO CON OVOS


Para seguir co tema central da semana, os ovos, levamos a cabo un experimento. Puxemos un ovo nun vaso, botámoslle vinagre, e deixámolo uns días, para ver que acontecía, o ovo volveuse elástico.











Animádevos a facelo nas vosas casas!

 

GANADERÍA AVíCOLA: COÑECEMOS E COMPARAMOS OVOS

 Ao longo da semana previa a Pascua, estivemos a coñecer diferentes tipos de ovos, tendo en conta a súa procedencia animal (ovos de oca, de quica, de galiña, de codorniz...) e características (traballando tamaños, formas, cores...).