O 15 maio, os nen@s de Educación Infantil celebraron o "Día das familias", para o que asistiron ao visionado dun conto teatralizado, creado pola Fundación Igual Arte, sobre as diferentes familias que nos podemos atopar. O conto tamén dou pé á actividade posterior "Creando a miña familia", coa que por grupos os cativ@s debuxan ás persoas que conforman unha familia uníndoas a todas para crear un móvil colgante.