Os nen@s do Grupo 4 estiveron investigando e traballando contidos relacionados coas nebulosas e como actividade final crearon as súas propias nebulosas.
Peque - andanzas
Está é a xanela do quefacer diario dos máis cativ@s do Ceip Plurilingüe de Silleda. Aquí deixaremos pegada das nosas vivenzas, experiencias, traballo... e todo aquelo que ten cabida no proceso de ensino - aprendizaxe.
Peque - andanzas
domingo, 22 de marzo de 2026
viernes, 13 de marzo de 2026
FACEMOS GALLETAS
martes, 10 de marzo de 2026
DOCUMENTAL 8M
Para conmemorar o “8M-DÍA DA INTERNACIONAL DA MULLER”, realizamos un pequeno documental, no que damos visibilidade a unha serie de mulleres que foron importantes no descubrimento e creación de ferramentas e fórmulas, no que ao estudo do espazo se refire, temática central do noso PDI.
Esperamos que vós guste!
viernes, 6 de marzo de 2026
PEQUENOS ASTRÓNOMOS EN ACCIÓN
🌟 Construimos constelacións unindo "estrelas" e descubrindo as súas formas 🌟
martes, 3 de marzo de 2026
COCIÑANDO
Os nenos e nenas da aula 2 fixemos palmeiriñas de xamón e queixo. Cociñar converteuse nuha oportunidade para aprender dun xeito manipulativo e significativo.. e tamén para disfrutar do resultado final! 😋
Aquí podedes ver no vídeo todo o proceso
viernes, 27 de febrero de 2026
OBRADOIROS DE ENTROIDO
lunes, 12 de enero de 2026
OBRADOIRO: PIZZAS DE NADAL
Os nen@s dos grupos 4 e 5 levaron a cabo un obradoiro de pizzas de Nadal. Fixeron a masa, prepararon os ingredientes a engadir, déronlle forma, metéronas no forno e para rematar coméronas á hora da merenda.
Debían estar boas, porque non quedou nada!
domingo, 4 de enero de 2026
VISITA ÁS ALDEAS DE NADAL DE LALÍN
Os nenos e nenas de infantil visitaron as Aldeas de Nadal, un espazo cheo de fantasía onde cada recuncho conta unha historia distinta.Aquí vos deixamos un vídeo para compartir con vós ese momento tan especial!
miércoles, 3 de diciembre de 2025
EN ÓRBITA CA IGUALDADE NO 25 N
Os nenos e nenas de infantil dicimos NON á violencia de xénero.
A través do conto "Vera astronauta" traballamos valores fundamentais como o respecto, o agarimo o bo trato e a axuda mutua.
Todo o colexio participou na elaboración de mensaxes ocultas en códigos QR, que os nenos e nenas puideron ir escoitando ao longo da mañá.
domingo, 30 de noviembre de 2025
O OUTONO ENCHE O NOSO COLE DE CORES E SABORES
🍂 Queredes ver o noso recuncho de outono no cole?🍁
Preparamos unha exposición de froitos e froitas da estación, decorada con carteis elaborados polos nenos e nenas.
Ademais, na aula fixemos diferentes actividades plásticas con follas, explorando as súas formas, cores e tamaños. Pintamos e creamos obras de arte outonais.