No cole vivimos unha xornada moi especial celebrando o "SAMAGOSTÍN", unha festa que une o Samaín e o magosto nun día cheo de diversión, maxia e algún que outro susto.
Participamos en xogos no patio e en diversos obradoiros nas aulas: fixemos apócemas máxicas, puxémonos tatuaxes galácticos, metemos a man en caixas misteriosas e tamén houbo música e baile.
Rematamos a festa vendo unha película terrorificamente divertida e, por suposto, non faltaron as castañas!!
Viva o Samagostín!!🎃🌰
No hay comentarios:
Publicar un comentario