Peque - andanzas

domingo, 9 de octubre de 2022

PROXECTO "A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS".

 Este ano nas aulas de Educación Infantil, faremos fincapé no proxecto anual que leva por título  "A volta ao mundo en 80 días", o cal parte do Proxecto Documental Integrado do centro.

Así pois, nas seis aulas de Educación Infantil, xa comezamos a preparar a viaxe.

Como elementos motivadores chegaron a aula, de diferente xeito, unha carta, firmada por un tal Phileas Fog, na que se nos pide axuda... 


... un mapa no que se traza o itinerario a realizar nos oitenta días...


... e como non, un pasaporte para cada un de nós.


Ás aulas 2, 3, 4 e 5, Willy Fog, enviounos os elementos precisos para comezar a viaxe nunha maleta. Tiñades que ver as nosas caras de sorpresa ao ver aquilo ao chegar pola mañá, e as ganas de abrilas por ver o que contiñan dentro.





E nas aulas 1 e 6 Willy Fog chegou voando nun globo, xunto co seu amigo Rigodón.



Agora si que comeza a aventura, por iso nos caracterizamos un pouco de dous dos personaxes principais e nos adentramos na historia, comezando o camiño de cara a procura de Willy Fog para acompañalo na travesía arredor do mundo. Serán multiples e diversas as experiencias que nos quedan por levar a cabo... 



...pero a onde nos dirixiremos?




ESTADE MOI ATENT@S AS NOSAS ANDANZAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario