Os motivos de Nadal comezan a chegar ás aulas. Aos nenos do grupo 2, a ratiña Lola, deixoulle, unha carta, na maleta da viaxe da Volta ao mundo en 80 días, na que lle contaba que se atopaba nun país no que hai pirámides e no que teñen por amuleto un escaravello.
Para conseguir a recompensa, pediunos como misión, averiguar o nome das tres piràmides exipcias, e como o fixemos moi ben, descubrimos a sorpresa, que estaba relacionada co Nadal: un calendario de advento é unha árbore para decorar a aula.


No hay comentarios:
Publicar un comentario