O último día de clase, deste primeiro trimestre, levamos a cabo unha actividade conxunta todas as aulas de infantil, na que comemos as 12 uvas(gusanitos)de Fin de ano. Para poder integrar esta actividade no proxecto anual que estamos a levar a cabo, “A volta ao mundo en 80 días” consideramos oportuno tomar as mesmas, dende o Big Ben en Londres, lugar de partida da nosa viaxe, na compaña de Willy Fog, Romy, Rigodon e Tico.
FELIZ ANO 2023 PARA TOD@S VOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario