Os grupos 2 e 3 levaron a cabo un experimento na aula relacionado coa temática exipcia, neste caso concreto co proceso de momificación.
Para elo, precisaron de:
- 1salchicha
- Sal
- Bicarbonato
-Papel de aluminio
Antes de comezar, tomaron as medidas á salchicha e anotaron nunha folla de control, para comprobar, durante os dez días, como vai mermando.
Unha vez feitas as medidas, rebozamos a salchicha en sal e bicarbonato, envolvémola en papel de aluminio e metemos cada momia no seu sarcòfago, que nós mesmos decoramos.
Despois de 10 días, o resultado foi o esperado, a nosa momia estaba en proceso de momificación.
Animádevos a experimentar na casa!








No hay comentarios:
Publicar un comentario