Seguindo a arte Mehndi ( tatuaxe que as mulleres da India fan nas mans e nos pés), unha arte con significado propio, e aproveitando que estamos a investigar sobre a cultura deste país, nas aulas de infantil levou-se a cabo un taller relacionado con dita arte.
Para facer estas tatuaxes aplícase o extracto dunha planta coñecida como Henna, e que é moi empregada para decorar a pel non só na India, senon que esta práctica tamén se leva a cabo noutros países asiáticos e africanos, coma en Marrocos.
Así pois, dado que temos nen@s que proceden de familias de este último país, e co fin tamén de que coñezan ademais da arte Mehndi a cultura deste país e favorecer deste xeito a multiculturalidade, varias mamás quixeron vir a desenvolver o obradoiro.
Preme na aula que desexes ver:
No hay comentarios:
Publicar un comentario