Peque - andanzas

lunes, 10 de abril de 2023

DIWALI

 O Diwali, ou tamén coñecido como “a festa das luces”, é un festival que se celebra na India, e no que se conmemora o triunfo da luz sobre a escuridade. 

Na aula 1 e 6, ao noso paso pola India, decidimos elaborar velas de aceite e desfrutar do noso propio Diwali.

Pero se isto non era suficiente, saímos ao patio a pintar rangolis, arte decorativo do chan.



No hay comentarios:

Publicar un comentario