Dende Psicomotricidade, levamos a cabo un circuíto psicomotor, decorado con motivos propios do Samaín. Tivemos que cruzar covas de morcegos, atravesar muros cheos de arañeiras, encestar ollos de monstro na cabaza, montar nas escobas e intentar colocar os aros nos sombreiros da bruxa. Por medio do mesmo, os nen@s traballaron contidos como o equilibrio, o salto, lanzamento e precisión, posturas corporais… aspectos que se enmarcan dentro do desenvolvemento da psicomotricidade grosa dos cativos e cativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario