Peque - andanzas

domingo, 24 de marzo de 2024

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: As avoas

  O día 8, seguindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, e como proposta de actividade do programa “Mestres Gandeiros”, invitamos as avoas dos nosos cativ@s a contarnos a súa  experiencia como agricultoras e gandeiras, comprobando deste xeito o cambio significativo que se produciu co paso do tempo no que a agricultura e gandería se refire. 

As aulas 5 e 6 tiveron a sorte de contar coa avoa de Marta e Aleera, Rosa.


As aulas 4 e 5, contaron coa avoa de Brais, Maruja; e coa mamá de Celia, dúas mulleres de tempos distintos, aínda que unidas por a mesma profesión, a gandería e agricultura.


E ás aulas 2 e 3, achegouse a mamá de Laura, que lle ensinou uns coellos e uns poliños.


Moitas Grazas a todas!



No hay comentarios:

Publicar un comentario