Peque - andanzas

viernes, 14 de junio de 2024

DON MARÍA ALLER ULLOA

 Seguindo co Proxecto Documental Integrado, Galicia, os nen@s do grupo 1 estiveron a indagar e traballar sobre a figura de Don María Aller Ulloa, nativo do concello lindeiro de Lalín, e que realizou varios estudos e observacións astronómicas importantes.

Para saber máis sobre a temática contaron con Cecilia, que lles axudou moito a resolver as súas intrigas e cuia visita aproveitaron para inaugurar o seu particular observatorio, creado coa axuda das familias.

Moitas grazas a tod@s os que fixestes posible esta actividade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario