Membros da Fundación ENKI (A Coruña) acercáronse o xoves 20 de febreiro ata o noso cole para a realización dun mural do alfabeto de Lingua de Signos Española (LSE). O obxectivo da actividade foi ofrecer un recurso educativo para a aprendizaxe e un acercamento lúdico ao LSE e ao sistema braille.
O alumnado do centro pasou en grupos para ver a súa elaboración e recibir unha breve explicación destas formas de comunicación.
Dicir que podedes ver dito mural nunha das paredes laterais do ximnasio.
Dende aquí agradecer á Fundación Enki pola súa realización.
Podedes ver máis imaxes na galería da web do colegio premendo na palabra
No hay comentarios:
Publicar un comentario