Levamos a cabo unha actividade moi especial para aprender como é o noso planeta por dentro🌍
Partindo dun ovo cocido, transformámolo nunha pequena Terra en miniatura:
pintamos a "corteza" por fóra, despois abrímolo con coidado para descubrir o "manto" e cortámolo para ver o "núcleo" no seu interior.
Repetimos a experiencia tamén con plastilina.
Puidemos observar e comprender como está formada a Terra, dunha maneira moi divertida e visual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario