Na última semana do segundo trimestre levamos a cabo a actividade de búsqueda de ovos de Pascua, unha proposta de traballo que lle fai moita ilusión, e que a vez, fai que emerxa a súa imaxinación, ata tal punto, que son capaces de percibir pegadas deste ser vivo, ou mesmo velo.
Este ano, o coello veu agochar os ovos e esqueceu a súa maleta, na que traía cousas tales como, auga de trebo, sementes de ovo, un mapa… e ata un peine, o cal segundo @s cativ@s emprega para coidar o seu suave pelo. Atopamos moitos ovos que decoramos o venres nas actividades de cada unha das estacións que realizamos ese día, e que poderedes ver na seguinte publicación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario