Peque - andanzas

martes, 19 de diciembre de 2023

SAÍDA A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 segue a coñecer os servicios cos que conta Silleda, a súa localidade, sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”.

Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións da man de Teresa e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz.

Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.


Grazas ao persoal da biblioteca por organizarnos esta actividade!

No hay comentarios:

Publicar un comentario