Dende Psicomotricidade,tomando as ideas da páxina web, https://busqueda-del-tesoro.com/juego-de-egipto-para-ninos-la-tumba-misteriosa/ levouse a cabo, con tòdolos grupos de Educación Infantil, unha búsqueda do tesouro do faraón, relacionando deste xeito os contidos traballados dende a mesma, co Proxecto Documental Integrado do Centro, e deténdonos para desenvolver esta actividade, nun país como é Exipto.
Antes de conseguir o tesouro, tivemos que realizar unha serie de probas, tendo en conta as pistas, que íamos atopando, como cruzar o río Nilo, sen que nos comesen os crocodilos, atravesar o deserto, realizar un amuleto, descifrar xeroglíficos...
Podedes comprobar premendo na imaxe o desenvolvemento da sesión, na que puxemos unha cofia de faraòn e nos divertimos un montón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario