Seguimos traballando co noso amigo o robot Ozobot. Neste caso elaboramos tódolos grupos un mapa mundi, no cal plasmamos os continentes e dentro de cada continente os países polos que Willy Fog pasou na súa volta ao mundo en 80 días. Unha vez feito isto, e tendo en conta as consignas de programación que se establecen para Ozobot, marcamos o percorrido, empregando catro cores: negra, verde, azul e vermella.
E como non, Ozobot deu a volta ao mundo, pero non en 80 días!
Preme na imaxe para ver o traballo realizado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario