Os pequen@s das aulas 1,4,5 e 6, aproveitando que andan a coñecer, en relación co Proxecto Documental Integrado do centro, os diferentes servizos que nos ofrece a nosa localidade, entre eles “Correos”, acudiron o venres a súa sede, e alí viron cal era o funcionamento do servizo e que precisaban para que as postais que eles mesmos elaboraron chegasen as súas casas. Remataron a actividade, botando a súa postal no buzón e recibindo un agasallo duns mini buzóns por parte das traballadoras da oficina.
Moitas Grazas por todo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario